Comité organizador

A Asociación Miño Ulla, constituída no ano 2008, coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos coma privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación, e entidade colaboradora coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na xestión do Programa Leader. 

Grupo de desenvolvemento rural que integra dez concellos e tres comarcas (Sarria, Ulloa e Chantada).

Podes obter máis información sobre nós no seguinte enlace: http://www.gdrminhoulla.gal

A Asociación Galega de Apicultura-AGA é unha asociación de apicultoras e apicultores de todo o territorio galego, que leva máis de corenta anos en funcionamento e con máis de 1.500 socias e socios.

Dende AGA queremos divulgar e visibilizar o mundo da apicultura; para iso asesoramos e formamos a aqueles que teñan un interese neste mundo.

Ante a gran problemática actual da Vespa velutina vemos necesaria a acción de xuntarnos e tratar de informar e charlar sobre este tema, para sacar conclusións en conxunto e facer unha fronte común.

Dende a Asociación Galega de Apicultura suxerímoslle á Real Academia Galega unha redefinición do termo “abella” con base nunha apicultura dos nosos tempos e globalizada, coa engádega de que este «insecto poliniza unha gran parte dos cultivos predominantes na alimentación humana e animal, sustenta a biodiversidade floral das plantas entomófilas, e produce mel, cera, pole, xelea real, própole, veleno e enxames».

Con esta precisión conceptual damos unha visión máis exacta do que representan todos os seres polinizadores da natureza para a humanidade, dos que os himenópteros (abellas, abellóns, avespas) e os lepidópteros (bolboretas) son un fundamento clave.

Asemade, salientamos a función esencial que cumpren as abellas, tanto as silvestres coma as melíferas obxecto de manexo apícola, así como os produtos esenciais que nos proporcionan e consumimos na nosa dieta actual.

Xa que logo, a maior valorización das abellas non repercute nos produtos que nos ofrecen directamente ás abelleiras e aos abelleiros, senón nos alimentos que nos subministran indirectamente a todos os seres humanos do planeta Terra e mais no benestar vital e na biodiversidade con que nos agasallan por medio seu traballo polinizador.

Cómpre a nosa maior consideración por todos os insectos polinizadores, un gran respecto por ese inxente labor e un gran recoñecemento polo beneficio natural que nos achegan. Échenos toda unha débeda da sociedade para con eles!

https://apiculturagalega.gal

ORGANIZAN

colaboran

Aceptar cookies    + info
Privacidad